IL FAUT expresa a obrigación, tradúcese por HAI QUE e vai seguido dun infinitivo. É unha obriga xeral, para todos, non fai referencia a ninguha persoa en concreto. Pode expresar unha obrigación ou un consello: Il faut manger équilibré (Hai que comer equilibrado) Il faut se laver les mains (Hai que lavarse as mans) En negativa IL NE FAUT PAS expresa a prohibición NON HAI QUE Il ne faut pas contaminer (Non hai que contaminar) Pasar expresar a obrigación e prohibición en particular temos que empregar o verbo DEVOIR (deber) Tu dois faire attention (Debes prestar atención) Agora non é impersoal, a persoa indicada é "tu" (ti). Nous devons écouter. Debemos escoitar. E así con todas as persoas.
Fle vert! C'est parti! Ce blog est conçu pour les apprenants de FLE du collège Cotobade de Tenorio de Pontevedra (Galice).